Porto
do Son, 8 de setembro de 2015. O equipo de goberno de Porto do Son vota en
contra de debatir a proposta socialista para construir o paseo marítimo que uniría
Porto do Son e Cabeiro.
O Grupo Socialista no Concello de
Porto do Son a través da diputada socialista no Congreso dos Diputados Paloma
Rodriguez, presentaron unha enmenda ós Presupostos Xerais do Estado por un
importe de 175.000 €, para iniciar os trámites de construcción do paseo
marítimo que une Porto do Son con Cabeiro xa que o anteproxecto xa está
elaborado dende o ano 2011.
Josefa Hermo afirma que “é moi
beneficioso para o concello de Porto do Son xa que nos axuda a promocionar o
sector turístico e potenciar a economía sonense, así como mellorar a seguridade
vial para os alumnos do I.E.S de Porto do Son”. Na mesma liña e, en
coordinación con Paloma Rodriguez, presentaron igualmente, unha proposición non
de lei instando ó goberno central en coordinación coas administracións
implicadas, a realizar a dotación económica necesaria para a construcción
durante o ano 2016 do mencionado paseo marítimo.
Por todos estes motivos, o grupo
municipal socialista de Porto do Son presentou unha moción de urxencia no pleno
do luns instando ó equipo de goberno a apoiar tanto a enmenda como a
proposición non de lei xa que na actualidade se está levando a cabo no Congreso
dos Diputados o debate de enmendas para incluír e aprobar definitivamente os
Presupostos xerais do Estado para o vindeiro ano.
Según relata Josefa Hermo “cal foi a
nosa sorpresa, que o mandatario Luís Oujo xunto co seu equipo de goberno se
negou á lectura e polo tanto á aprobación da moción urxente pese a estar
rexistrada o mesmo día do pleno”.