Porto do Son, 16 de outubro de 2015. O Grupo Socialista no Concello de Porto do Son ven de rexistrar unha moción cunha proposta de investimento para destinar a partida orzamentaria que se aprobou a semana pasada na Diputación da Coruña correspondente a dous plans: Plan de Acción Social e Plan de Obras e Servicios para comezar a acometer a rede de sumidoiros das parroquias de Caamaño, Xuño e San Pedro de Muro xa que non teñen iniciado ninguna actuación e o a reducir parte da deuda do concello sonense.
“Preto dun 60% da poboación que reside en Porto do Son non pode disfrutar de servicios básicos como son o saneamento ou abastecemento de auga” segundo explicou a portavoz do PSdeG na localidade, Josefa Hermo.
En concreto, para Porto do Son ven de ser aprobada o pasado xoves unha totalidade de 673.122,54 €.
En concreto, para Porto do Son ven de ser aprobada o pasado xoves unha totalidade de 673.122,54 €.
De esta totalidade, 388.339,93 € corresponden ó denominado Plan de Acción Social cuxa finalidade é cooperar cos concellos na realización de investimentos “financeiramente sostibles” e que teñan na súa maior parte un “carácter social”, no sentido de iren destinados a mellorar as condicións de vida da poboación, principalmente da infancia, da mocidade, das mulleres, das persoas maiores, das persoas con diversidades funcionais e necesidades especiais, e doutros colectivos que necesiten de especial apoio e protección.
O outro plan contempla a cantidade de 284.782,61 € que corresponden ó Plan de Obras e Servicios cuxa finalidade é dobre: en primeiro lugar a realización de novos investimentos nos concellos contribuíndo con iso a garantir a prestación dos servizos municipais e á reactivación da economía, e en segundo lugar a axuda ao financiamento dos gastos correntes municipais, dado que os concellos teñen menos ingresos para o financiamento dos mesmos ou máis gastos correntes que os pasados anos. Para materializar esta dobre finalidade, cada concello poderá utilizar a cantidade que se lle asigne do:
- O 50 % destinarase necesariamente á realización das obras ou subministracións precisas para a efectiva prestación dos servizos obrigatorios
- O 50 % restante destinarase, a elección do concello, ben a realización de máis obras ou subministracións das indicadas no parágrafo anterior, ben ao financiamento dos gastos correntes do concello no exercicio 2016.
A rede de saneamento é prioritaria ante calquer outros proxectos que pode ter previsto o executivo xa que é un servicio báxico e na actualidade non todas as parroquias dipoñen del.
No hay comentarios:
Publicar un comentario