Hoxe, José Ramón Besteiro estivo en Portosín, acompañado dos portavoces de pesca do Senado e do Parlamento Galego, para pedir un reparto xusto de cuotas para os mariñeiros do cerco do noso Concello.

A aposta pola rexeneración das rías, a reindustrialización do sector naval, e a renegociación de cuotas lácteas e pesqueiras son medidas avaladas polo partido en toda España e que cremos que poden ser compartidas por outros partidos galegos con presenza en Madrid. O que pedimos é que se abandone a demagoxia, o tacticismo político e os intereses partidistas porque temos importantes coincidencias para facer realmente un goberno de cambio.
Se estes novos partidos queren un cambio real, pódese facer xa. Non teñen que esperar porque o novo goberno que se pode constituír xunto a Pedro Sánchez vai respaldar estas posicións comúns.
O cambio é posible, así o pensan tamén os mariñeiros do cerco e os mariscadores.
O que realmente lle preocupa á xente do mar é que se solucionen os seus problemas. De nada van servir as escusas, nin o tacticismo para buscar só os intereses de determinados partidos políticos.
É o momento de apostar por Galicia, pensar na súa cidadanía, nas reformas que se poden facer e nos beneficios que se poden traer e deixar á marxe posturas demagóxicas que non son entendidas nin comprendidas polos cidadáns.
O PSOE segue coas mans tendidas a eses espazos comúns de cambio

No hay comentarios:
Publicar un comentario