Vistas de página en total
domingo, 5 de marzo de 2017
O PSOE de Porto do Son pide que as aportacións da Xunta aos concellos sexa cos mesmos criterios xustos e equitativos da actual Deputacion da Coruña
Concelleiros do PP sonense cobraron mais de 5.000 € por unhas Xuntas de Concelleiros Delegados das que non hai constancia que se celebren
sábado, 7 de mayo de 2016
O PSOE do Son valora deixar plantado ao equipo de goberno sonense no pleno do vindeiro mércores
Os concelleiros do Grupo Municipal Socialista de Porto do son recibiron con estupefación o pasado venres a convocatoria do pleno ordinario correspondente ao mes de maio. O motivo: non foron incluidas na orde do día as mocións rexistradas en tempo e forma polos socialistas, e hoxe coñecemos que tampouco se incluiron as do resto de partidos da oposición, sen unha explicación creible por parte do mandatario sonense.
Estamos acostumados a que o alcalde rexeite todalas mocions de urxencias sen tan sequera molestarse en leelas, pero esto de que se atreva a non incluir na orde do día as mocións rexistradas en tempo e forma é unha actitude rancia e caciquil pouco democrática
Sabemos que as mocións que tiñamos rexistradas son incómodas para o PP local porque poñen en evidencia as deficiencias en políticas sociais do noso concello pero tamén dos gobernos autonómico e central, pero non por elo vamos a deixar de plantexar solucións aos problemas dos nosos veciños do Son nestes tempos de crise.
O pleno en cuestión era o ordinario correspondente ao mes de maio pero tivo que ser adiantado para corrixir "o último día e á última hora" erros na tramitación dos proxectos incluidos no PAI, o que evidencia unha vez mais a improvisación e falla de organización do actual equipo de goberno
viernes, 18 de marzo de 2016
Resumo do pleno celebrado o 17 de marzo
Resolución dos principais puntos tratados na orde do día do pleno celebrado o 17 de marzo de 2016:
2) O PAI non é unha subvención, é un préstamo que computa como débeda, consideramos que as obras incuidas neste plan para este ano son IMPORTANTES pero NON URXENTES e se deberían ter acometido co POS ou o PAS da Deputación
4) APROBAMOS por unanimidade a creación dunha mesa contra a Violencia de Xénero
5) O PP votou en contra da proposta socialista de pedirlle á Xunta que organice mais cursos para obter o carné de fitosanitarios
6) APROBAMOS por unanimidade a proposta socialista de establecer unha taxa ás entidades bancarias que teñan os caixeiros automáticos cara a rúa
7) O PP votou en contra de mellorar a transparencia no noso concello
8) APROBAMOS por unanimidade solicitar que a Festa de Exaltación do Polbo sexa declarada Festa de Interés Turístico de Galicia
10) Na parte de rogos e preguntas pedimos explicacións sobre a situación de embargo do parque eólico de Xuño e os pagos a xente que iba na lista electoral do PP
martes, 15 de marzo de 2016
O PSOE do Son preocupase pola situación do parque eólico de Xuño
jueves, 3 de marzo de 2016
O PSdeG pide en Portosín que En Marea apoie a investidura de Pedro Sanchez
Hai xa uns meses que Pedro Sanchez se comprometeu a renegociar o actual reparto de cuotas de pesca. Agora, o Secretario xeral dos Socialistas de Galicia anuncia que o PSOE quere pór en marcha un novo sistema de reparto de cotas de pesca distinto ao actual, un novo reparto baseado en criterios xustos e cos cales garantir en todo o Estado unha única negociación e un único reparto.A aposta pola rexeneración das rías, a reindustrialización do sector naval, e a renegociación de cuotas lácteas e pesqueiras son medidas avaladas polo partido en toda España e que cremos que poden ser compartidas por outros partidos galegos con presenza en Madrid. O que pedimos é que se abandone a demagoxia, o tacticismo político e os intereses partidistas porque temos importantes coincidencias para facer realmente un goberno de cambio.
Se estes novos partidos queren un cambio real, pódese facer xa. Non teñen que esperar porque o novo goberno que se pode constituír xunto a Pedro Sánchez vai respaldar estas posicións comúns.
O cambio é posible, así o pensan tamén os mariñeiros do cerco e os mariscadores.
É o momento de apostar por Galicia, pensar na súa cidadanía, nas reformas que se poden facer e nos beneficios que se poden traer e deixar á marxe posturas demagóxicas que non son entendidas nin comprendidas polos cidadáns.
O PSOE segue coas mans tendidas a eses espazos comúns de cambio
martes, 23 de febrero de 2016
Os socialistas de Porto do Son pregan que os veciños do concello asistan ao pleno do vindeiro xoves 25 de febreiro donde se debatirá o PXOM.
martes, 17 de noviembre de 2015
O PSOE do Son apoia o cambio no modelo de reparto de posibilidades de pesca que demanda o cerco galego
martes, 13 de octubre de 2015
Propoñemos que o POS e o PAS da Deputación se invirtan nas obras de saneamento das parroquias de Caamaño, Xuño e SanPedro de Muro
En concreto, para Porto do Son ven de ser aprobada o pasado xoves unha totalidade de 673.122,54 €.
De esta totalidade, 388.339,93 € corresponden ó denominado Plan de Acción Social cuxa finalidade é cooperar cos concellos na realización de investimentos “financeiramente sostibles” e que teñan na súa maior parte un “carácter social”, no sentido de iren destinados a mellorar as condicións de vida da poboación, principalmente da infancia, da mocidade, das mulleres, das persoas maiores, das persoas con diversidades funcionais e necesidades especiais, e doutros colectivos que necesiten de especial apoio e protección.
- O 50 % destinarase necesariamente á realización das obras ou subministracións precisas para a efectiva prestación dos servizos obrigatorios
- O 50 % restante destinarase, a elección do concello, ben a realización de máis obras ou subministracións das indicadas no parágrafo anterior, ben ao financiamento dos gastos correntes do concello no exercicio 2016.
jueves, 8 de octubre de 2015
Josefa Hermo reclama na Deputación inversións para Porto do Son
sábado, 3 de octubre de 2015
100 días de DESgoberno en Porto do Son
jueves, 1 de octubre de 2015
Acta Pleno 9 de Xullo 2015
Resumo: Neste pleno, convocado valeiro de contido, no que o PP votou en contra de debatir as mocións de urxencia propostas pola oposición, fixemos entre outras as seguintes intervencións:
Rogos:
1.-que o alcalde non goberne a golpe de decretazos
2.-que se actualice a web o ficial do concello pois ainda aparecen os concelleiros do anterior goberno municipal e que se fagan públicas as declaracións de bens de todos os membros da coirporación
3.-que se limpen os accesos ás praias e beirarrúas dende Miñostos ata Carballosa, tamén pistas rurais e camiños forestais por risco de incendio.
Preguntas:
1.-¿Que programación cultural estival se preveu para as diferentes casas de cultura da parroquias?
2.-¿Quen vai xestionar a piscina municipal (se se abre): o concello ou unha empresa privada?
3.-¿Está regularizada a cesión dos locais municipais á empresas e asociacións privadas?
4.-¿Está recollida no PXOM a nova Casa Consistorial?
5.-¿Cómo se vaia recuperar a Alameda Vella?
6.-¿Fíxose algún estudio de viabilidade ou prevención de riscos laborais sobre as actividades que se levan a cabo no Viveiro de Empresas con materiais canceríxenos?
Acta Pleno 9 de xullo 2015
martes, 8 de septiembre de 2015
O Equipo de Goberno de Porto do Son rexeita apoiar a inversión do Paseo Marítimo de Cabeiro que o PSOE local demandaba nos PGE 2016
viernes, 4 de septiembre de 2015
O PSOE de Porto do Son levará ao pleno do luns unha proposta de "Plan Municipal de Educación"
martes, 4 de agosto de 2015
O PSOE de Porto do Son pide ao alcalde transparencia na xestión do PXOM
miércoles, 29 de julio de 2015
Josefa Hermo e Luis García demandan que se priorice a presencia de socorristas naquelas praias con maior perigo para os bañistas e surfistas.
miércoles, 15 de julio de 2015
Acta Sesión Extraordinaria Pleno 13 de Xuño de 2015
A partir de hoxe faremos públicas neste blog as actas dos Plenos e das Xuntas de Goberno Local da nova corporación municipal.
Acta SE pleno 13 xuño
sábado, 11 de julio de 2015
O PSOE de Porto do Son reclama ao alcalde mais transparencia e "que non goberne a base de decretazos"
jueves, 25 de junio de 2015
O goberno de Oujo "será o mais caro da historia de Porto do Son"
Solicitan a celebración dun pleno ao mes para garantir unha maior transparencia e participación da oposición.
Porto do Son, 25 de xuño de 2015. A voceira do PSdeG-PSOE en Porto do Son, Josefa Hermo, afirmou hoxe que o goberno municipal presidido por Luis Oujo “será o máis caro da historia do municipio”, a pesar da entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local, que limita o soldo do alcalde, pois suporá para as arcas públicas un desembolso de preto de 200.000 euros ao ano, unha cifra que considerou “desmesurada” para un concello de menos de 10.000 habitantes.
En concreto, o goberno do Partido Popular aprobará no pleno de hoxe xoves un salario de 39.300 euros anuais brutos para o alcalde, “unha cifra semellante á que cobrará o novo alcalde da cidade da Coruña”, criticou a edil socialista; tres dedicacións parciais de 24.700 euros ao ano e unha cuarta parcial de 19.600 euros, ademáis dun cargo de confianza adscrito á alcaldía orzamentado en 18.000 euros ao ano.
Todo elo, sumado ás cotizacións á Seguridade Social e ás reunións semanais da Xunta de Goberno fixadas en 150 euros por concelleiro e sesión suporán, segundo os cáculos efectuados polo PSdeG, un desembolso duns 200.000 euros cada ano, que consideran “demasiado elevado” e que se sitúa “nó máximo que permite a lei en canto a salarios e dedicacións”.
Estas cifras contrastan, segundo o PSOE local, “cos mínimos legais que o goberno municipal de Oujo aplica como criterio para fixar aquelas cuestións que teñen que ver co funcionamento e a transparencia do Concello”, como a periodicidade das sesións plenarias, que seguirá sendo de unha cada dous meses, en concreto “o segundo xoves de cada mes impar”, ou a exclusión da oposición de órganos como a mesa de contratación.
Neste sentido, os socialistas anunciaron que solicitarán a celebración dunha sesión plenaria ao mes, restando competencias á Xunta de Goberno, “que non son públicas e cuxas deliberacións son segredas”, co obxectivo de “favorecer o debate político nun foro público "nun momento no que a cidadanía esixe administracións máis transparentes”.
lunes, 18 de mayo de 2015
Descarga o programa electoral #PoloCambioEnPortoDoSon
Programa #PoloCambioEnPortoDoSon













