Vistas de página en total

lunes, 27 de febrero de 2012

A TODAS AS MULLERES (E HOMES)!


Hoxe no Pleno Extraordinario que se celebrou no Concello de Porto do Son o PSdeG (PSOE) presentou unha moción con motivo do 8 de Marzo "DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES" no que resumindo algunhas das propostas que poñia eran:"Ante a crisis global e a súa xestión están aumentando as desigualdades no noso país mentres crece a inquietude sobre o fúturo das políticas de igualdade e o seu alcance na vida cotidiá de homes e mulleres".
Ante isto os Socialistas de Porto do Son e o seu portavoz Xoan Pastor Rodriguez Santamaría propoñia na sua moción:
Impulsar a presenza das mulleres no emprego e o mercado de traballo garantindo a igualdeade no acceso e no salario, conscientes de que dita igualdade é imprescindible para relanzar a nosa economía, contando para isto cun instrumento como a Lei para a Igualdade.
Apoiar as iniciativas emprendedoras das mulleres.
Apostar por políticas que garantan o dereito á conciliación da vida profesional, familiar e persoal de homes e mulleres, con medidas que promovan a flexibilidade dos horarios de acordo á necesidade de conciliación das persoas.
Recoñoñecer e apoiar as iniciativas das mulleres no ámbito rural.
Ampliar a rede municipal de servizos e apoio ás mulleres víctimas da violencia de xénero.
Loitar contra a feminización da pobreza e a exclusión social apoiando ás mulleres en situación de vulnerabilidade, especialmente ás mulleres maiores e as que son responsables de familias monoparentais.
Así mesmo, este Concello reclama ao GOBERNO CENTRAL A QUE:
Manteña o dereito das mulleres a decidir sobre a súa saúde sexual e reprodutiva e da IVE, facendo este dereito efectivo en todas as CC.AA.
Modifique o decreto de medidas urxentes para a reforma laboral, a fín de garantir o dereito a conciliación así como as medidas que fagan posible a igualdade no emprego, a incorporación das mulleres a todos os postos de responsabilidade, á igualdade salarial, tal e como establece a lei.
Impulse os servicios do Estado de Benestar relacionados co coidado e atención a todas as persoas que o necesitan, especialmente menores, persoas maiores e en situación de dependencia.
Promova a igualdade real e efectiva en todas as políticas públicas e na sociedade.
Instar o noso GOBERNO AUTONÓMICO e promover a nivel municipal a realizar un estudio socio-criminolóxico sobre violencia de xénero, en colaboración co Goberno Central, a fín de poñer de manifesto a realidade existente sobre esta terrible problemática.
Dito to esto fago unha pregunta: ¿SABEDES CAL FOI O VOTO DO BIPARTITO PP-AVS?. ¡EN CONTRA! ¡VOTOU NON!
Que cada un de vos saque as suas propias conclusións.