Vistas de página en total

jueves, 26 de agosto de 2010

AUXILIARES A DOMICILIO: ¡COMPROMISO E TENACIDADE...!

Comenzar a andaina dun medio de expresión coma este, sempre nos atopamos, ca incognita do que en él vai a acontecer. Sabido é que as noticias que genera un Concello, son sempre proclives a que xeneren nuns veciños/as, satisfación, en outros decepción e probablemente nalguns  indiferencia, todas respetables por suposto. Non  obstante  noticias coma a que se aprobou no Pleno Extraordinario do pasado 11 de Agosto, sempre son unha boa noticia pra todos/as: a  modificación do tipo de contrato do servicio no fogar.
 As Auxiliares a Domicilio, que ata agora tiñan unha xornada laboral a tempo parcial, pasen a tela a tempo completo, así como tamén se determinou, que se compute como xornada laboral o tempo empregado polas profesionais os desplazamentos os distintos domicilios, nos que desenrolan a sua actividade, determinandose tamén, incrementar a compensación po los gastos que as traballadoras realicen nos seus vehiculos particulares.
Noticias coma esta corrixen inxusticias, que se viñan reclamando por distintos sectores da sociedade, e mais en particular pola Concelleira Socialista de Servicios Sociais e Emprego, Joaquina Gonzalez (Kika), que ca sua tenacidade demostrou a sua sensibilidade cos mais desfavorecidos, seguindo a linea marcada polo Grupo Socialista, de ter sempre como prioridade na sua laboura, a politica social de millorar a calidade de vida de todos/as os veciños/as. A nosa mais sincera enhoraboa a  Concelleira Joaquina Gonzalez (Kika), e que siga nesa linea,¡Grazas en nome de todos/as os/as veciños/as, sexan ou non beneficiarios deste servicio!

miércoles, 25 de agosto de 2010

PARQUE INFANTIL DE PORTOSIN

Xa e unha realidade, os mais pequenos, xa teñen un espacio para eles desenrolar as súas habilidades e xogar, como nenos que son e gozar na compañia dos seus pais. A remodelación do parque infantil de Portosín, xa e unha realidade...¡Non queremos proxectos!...¡Queremos feitos!. E ahí está o novo parque infantil, pra delicia de nenos e pais e nais. ¡UNHA REALIDADE XA!

PARQUE INFANTIL DE PORTO DO SON

Os nenos e nenas de Porto do Son, xa poden disfrutar dun novo parque infantil, en dónde dende a sua renovación e apertura, non deixou de estar concurrido, por centos de rapaces, que coma non, na compaña nos seus pais e nais, disfrutaron do bo tempo, con que nos convidou o explendido verán, que temos tido. E un lecer ver, coma os nenos teñen un novo lugar, pra facer o que millor saben e deben: XOGAR.

CASA DA CULTURA DE PORTOSIN

O nome xa o di todo, do que é poder  dispoñer dunha nova "Casa da Cultura". Quizais das millores (ou a millor), das que temos na comarca. Co seu Salón de Actos (cun escenario escepcional), a sua biblioteca, a  aula de informatica, o salón de lectura, a sala de reunións, o seu espazo aberto...foi dende a sua posta en marcha, punto obrigado e de referencia, pra estar chea a diario, para disfrute e lecer, tanto dos veciños/as de Portosín, coma da cantidad de xente que nos visitou e poido disfrutar, destas magnificas instalacións, así como das multiples actividades, que se desenrolaron dende o primeiro día: exposicións, grupos de danza, teatro, poesía...
¡XA E UNHA REALIDADE!
¡DISFRUTEMOLA!

A EXTRATEXIA DO PP DE PORTO DO SON

Todos/as somos conscientes, de que os dous anos e medio de Lexislatura Política no Concello de Porto do Son, sendo alcalde D.Manuel Tomé, foi por desgracia para os veciños/as desta Vila, un retroceso, non so dende o punto de vista político, senón tanto de xestión e inversions. Que viamos como os cartos se exfumaban para outros Concellos, ou quedaban no olvido. De feito eralle moi fácil facer algo bo, so con facer realidade os proxectos xa tramitados e conseguidos polo anterior alcalde, huberase posto unhas "medallas" que ainda que non lle corresponderían, si beneficiarían o pobo. Pero para mais "inri", non só non rematou o que xa lle daban feito, senon que inversións (algunhas moi importantes, como a fachada maritima), provocou que fuxiran pra outras Vilas, e nos vendo como a incapacidade de gestionar do Sr.Tomé, repercutía e moi gravemente no pobo. A sua ineptitude para gestionar o Concello, veíase reflexada, nos plenos do Concello, os cales eran totalmente subrealistas, deixando patente dende o primeiro momento, o seu talante pouco ou nada dialogante, a sabendas de que estaba gobernando en minoría.
Cando a situación do Concello pasou a mans do PSdeG (P.S.O.E) e o B.N.G, tras unha moción de censura democrática (ainda que algunhas persoas se empeñaran en tacharla de antidemocrática), as formas, o talante e o saber estar do actual Alcalde D. Xoan Pastor Rodriguez, xa se empezaron a percibir no Concello desde o primeiro día abrindo as portas da Alcaldía os veciños, as mesmas que habían permanecido pechadas, durante dous anos e medio de goberno do PP.
Non aceptaron nunca a perda do Goberno  Municipal, e a sua extratexia (por certo moi ben planificada) foi dende o principio a de inestabilizar o novo Equipo de Goberno, e a os seus edís. Os plenos comenzaron a ser unha retraida de faltas de respeto, de non cumplimento do turno da palabra e a de mentir, calumniar, ofender, seguindo os paradigmas, da sua forza política, minte que algo queda., e importandolle un bledo os intereses do pobo.
O Sr.Tomé non soupo ou non quiso nunca reconocer, que había perdido a Alcaldía e as suas malas formas sendo Alcalde, foron acrecentandose según iba pasando o tempo, incluso facendose mais grosero e maleducado do que era anteriormente (e moi raro que non teña que ser expulsado do Salón de Plenos) debido a o seu  chavacano comportamento, pese as reiteradas advertencias do Sr.Xoan Pastor, que con admirable paciencia, dalle a oportunidade de que reflexione e modifique o seu comportamento, impropio dun Salón de Plenos (e mais habendo sendo Alcalde) lugar de reseña de representación dos legítimos representantes políticos, dos veciños que lle votaron.
¡Ala eles!. O PP tomou unha estratexia, que penso non e a mais axeitada, pero si eles pensan que lle dará reditos políticos, pois que sigan, pero o PSdeG (P.S.O.E), seguirá ca sua:  a de preocuparse de gobernar, de estar o lado dos veciños (cos seus logros e os seus erros) e de seguir gestionando e traballando polo benestar no noso pobo.
O PP que faga o que lle de a gana, mascar chicle, faltarlle o respeto os veciños, increpar nos plenos, non creer nas normas democráticas dun concello, e o mais importante, que vaya o Sr.Tomé a unhas clases intensivas, de algo fundamental: EDUCACION.