Vistas de página en total

martes, 13 de octubre de 2015

Propoñemos que o POS e o PAS da Deputación se invirtan nas obras de saneamento das parroquias de Caamaño, Xuño e SanPedro de Muro

Porto do Son, 16 de outubro de 2015. O Grupo Socialista no Concello de Porto do Son ven de rexistrar unha moción cunha proposta de investimento para destinar a partida orzamentaria que se aprobou a semana pasada na Diputación da Coruña correspondente a dous plans: Plan de Acción Social e Plan de Obras e Servicios para comezar a acometer a rede de sumidoiros das parroquias de Caamaño, Xuño e San Pedro de Muro xa que non teñen iniciado ninguna actuación e o a reducir parte da deuda do concello sonense.

“Preto dun 60% da poboación que reside en Porto do Son non pode disfrutar de servicios básicos como son o saneamento ou abastecemento de auga” segundo explicou a portavoz do PSdeG na localidade, Josefa Hermo.

En concreto, para Porto do Son ven de ser aprobada o pasado xoves unha totalidade de 673.122,54 €.

De esta totalidade, 388.339,93 € corresponden ó denominado Plan de Acción Social cuxa finalidade é cooperar cos concellos na realización de investimentos “financeiramente sostibles” e que teñan na súa maior parte un “carácter social”, no sentido de iren destinados a mellorar as condicións de vida da poboación, principalmente da infancia, da mocidade, das mulleres, das persoas maiores, das persoas con diversidades funcionais e necesidades especiais, e doutros colectivos que necesiten de especial apoio e protección.

O outro plan contempla a cantidade de 284.782,61 € que corresponden ó Plan de Obras e Servicios cuxa finalidade é dobre: en primeiro lugar a realización de novos investimentos nos concellos contribuíndo con iso a garantir a prestación dos servizos municipais e á reactivación da economía, e en segundo lugar a axuda ao financiamento dos gastos correntes municipais, dado que os concellos teñen menos ingresos para o financiamento dos mesmos ou máis gastos correntes que os pasados anos. Para materializar esta dobre finalidade, cada concello poderá utilizar a cantidade que se lle asigne do:
  1. O 50 % destinarase necesariamente á realización das obras ou subministracións precisas para a efectiva prestación dos servizos obrigatorios
  2. O 50 % restante destinarase, a elección do concello, ben a realización de máis obras ou subministracións das indicadas no parágrafo anterior, ben ao financiamento dos gastos correntes do concello no exercicio 2016.
O grupo municipal socialista propon que 142.391,31€ do POS sexan destinados ao financiamento do gasto corrente do 2016 “o concello de Porto do Son ten unha deuda moi elevada para un concello das características como ten o noso” según declara Josefa Hermo. O outro 50% se lle sume á cantidade do PAS para acometer a rede de sumidoiro nas parroquias arriba indicadas.

A rede de saneamento é prioritaria ante calquer outros proxectos que pode ter previsto o executivo xa que é un servicio báxico e na actualidade non todas as parroquias dipoñen del.



jueves, 8 de octubre de 2015

Josefa Hermo reclama na Deputación inversións para Porto do Son

Hermo reúnese co presidente da Diputación para demandar melloras nos viales sonenses pertencentes á diputación e futuras inversións para o concello.

Porto do Son, 5 outubro de 2015. Josefa Hermo ven de reunirse no día de hoxe co recen nomeado presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso, para coñecer de primeira man o estado das inversións previstas polo ente provincial para o concello de Porto do Son.

A portavoz socialista do concello sonense, trasladoulle a necesidade imperiosa de finalizar o proxecto do vial DP-7103 que vai Laranga-Olveira polo perigo que entrana a falla de seguridade vial a día de hoxe. “Este é un proxecto que xa debería de estar rematado pero segue sendo un zafarrancho de unha obra construída a base de parches polo anterior goberno provincial”. Na mesma liña, solicitou a ampliación do vial DP-7101 que vai á Igrexa de Nebra e a renovación de carteis indicativos do vial DP-7102 que sube de Porto do Son a Ribasieira.

Josefa Hermo manifestou que “Foi unha reunión moi productiva xa que tamén tratamos propostas de inversión para reforzar a área de Servicios Sociais, e posibles subvencións para as áreas de cultura e deportes”.

Para os concelleiros socialistas Josefa Hermo e Luís García, a negociación e consecución de novas inversións para o concello de Porto do Son está sendo unha prioridade tanto a nivel provincial e autonómico como estatal.


sábado, 3 de octubre de 2015

100 días de DESgoberno en Porto do Son

Video co resumo do balance que fan Josefa Hermo e Luis García destes 100 días de DESgoberno, Oscurantismo e Falla de Colaboración do novo equipo de goberno do Partido Popular en Porto do Son



jueves, 1 de octubre de 2015

Acta Pleno 9 de Xullo 2015

Facemos pública a acta do Pleno Ordinario celebrado o 9 de xullo de 2015.

Resumo: Neste pleno, convocado valeiro de contido, no que o PP votou en contra de debatir as mocións de urxencia propostas pola oposición, fixemos entre outras as seguintes intervencións:

Rogos:

1.-que o alcalde non goberne a golpe de decretazos
2.-que se actualice a web o ficial do concello pois ainda aparecen os concelleiros do anterior goberno municipal e que se fagan públicas as declaracións de bens de todos os membros da coirporación
3.-que se limpen os accesos ás praias e beirarrúas dende Miñostos ata Carballosa, tamén pistas rurais e camiños forestais por risco de incendio.

Preguntas:

1.-¿Que programación cultural estival se preveu para as diferentes casas de cultura da parroquias?
2.-¿Quen vai xestionar a piscina municipal (se se abre): o concello ou unha empresa privada?
3.-¿Está regularizada a cesión dos locais municipais á empresas e asociacións privadas?
4.-¿Está recollida no PXOM a nova Casa Consistorial?
5.-¿Cómo se vaia recuperar a Alameda Vella?
6.-¿Fíxose algún estudio de viabilidade ou prevención de riscos laborais sobre as actividades que se levan a cabo no Viveiro de Empresas con materiais canceríxenos?

Acta Pleno 9 de xullo 2015