Vistas de página en total

viernes, 18 de marzo de 2016

Resumo do pleno celebrado o 17 de marzo

Resolución dos principais puntos tratados na orde do día do pleno celebrado o 17 de marzo de 2016:

2) O PAI non é unha subvención, é un préstamo que computa como débeda, consideramos que as obras incuidas neste plan para este ano son IMPORTANTES pero NON URXENTES e se deberían ter acometido co POS ou o PAS da Deputación

4) APROBAMOS por unanimidade a creación dunha mesa contra a Violencia de Xénero

5) O PP votou en contra da proposta socialista de pedirlle á Xunta que organice mais cursos para obter o carné de fitosanitarios

6) APROBAMOS por unanimidade a proposta socialista de establecer unha taxa ás entidades bancarias que teñan os caixeiros automáticos cara a rúa

7) O PP votou en contra de mellorar a transparencia no noso concello

8) APROBAMOS por unanimidade solicitar que a Festa de Exaltación do Polbo sexa declarada Festa de Interés Turístico de Galicia

10) Na parte de rogos e preguntas pedimos explicacións sobre a situación de embargo do parque eólico de Xuño e os pagos a xente que iba na lista electoral do PP

martes, 15 de marzo de 2016

O PSOE do Son preocupase pola situación do parque eólico de Xuño

O Grupo Municipal Socialista de Porto do Son pedirá, no pleno ordinario do xoves 17 de marzo, explicacións sobre a relación actual do concello coa filial de Vidal Armadores dedicada ao sector eólico no termo municipal sonense.
O concello de Porto do Son, como administración local, otorgou no seu día a concesión do parque eólico sito no monte comunal da parroquia de Xuño, a Proyectos y desarrollos renovables SL. Dita empresa pertence ó grupo empresarial Vidal Armadores da que, a pasada semana quedaban 6 membros baixo fianza acusados de delitos contra o medio ambente, blanqueo de capitais, e falsedade documental entre outros.
"A nosa preocupación é si o equipo de goberno de Luis Oujo segue mantendo a día de hoxe relación con dito grupo empresarial" sinala a portavoz municipal xa que "nos consta que o parque eólico do monte comunal de Xuño está embargado por unha entidade bancaria e o alcalde non deu a día de hoxe explicacións ós veciños". O grupo municipal socialista amósase preocupado e, en reiteradas ocasións en plenos anteriores demandoulle ó executivo sonense máis transparencia referido a este asunto. "O alcalde non ven de aclarar si o concello percibeu algunha cantidade pola productividade deste parque eólico nin tampouco qué xestións xudiciais en caso de non percibir cantidade algunha vai a levar a cabo".
Dende o PSOE do Son, consideran que este asunto ten a suficiente importancia e relevancia como para dar explicacións detalladas en primeira instancia ós veciños comuneiros de Xuño e ós do concello do Son en xeral.



jueves, 3 de marzo de 2016

O PSdeG pide en Portosín que En Marea apoie a investidura de Pedro Sanchez

Hoxe, José Ramón Besteiro estivo en Portosín, acompañado dos portavoces de pesca do Senado e do Parlamento Galego, para pedir un reparto xusto de cuotas para os mariñeiros do cerco do noso Concello. 
Hai xa uns meses que Pedro Sanchez se comprometeu a renegociar o actual reparto de cuotas de pesca. Agora, o Secretario xeral dos Socialistas de Galicia anuncia que o PSOE quere pór en marcha un novo sistema de reparto de cotas de pesca distinto ao actual, un novo reparto baseado en criterios xustos e cos cales garantir en todo o Estado unha única negociación e un único reparto.
A aposta pola rexeneración das rías, a reindustrialización do sector naval, e a renegociación de cuotas lácteas e pesqueiras son medidas avaladas polo partido en toda España e que cremos que poden ser compartidas por outros partidos galegos con presenza en Madrid. O que pedimos é que se abandone a demagoxia, o tacticismo político e os intereses partidistas porque temos importantes coincidencias para facer realmente un goberno de cambio.
Se estes novos partidos queren un cambio real, pódese facer xa. Non teñen que esperar porque o novo goberno que se pode constituír xunto a Pedro Sánchez vai respaldar estas posicións comúns.

O cambio é posible, así o pensan tamén os mariñeiros do cerco e os mariscadores. 
O que realmente lle preocupa á xente do mar é que se solucionen os seus problemas. De nada van servir as escusas, nin o tacticismo para buscar só os intereses de determinados partidos políticos.
É o momento de apostar por Galicia, pensar na súa cidadanía, nas reformas que se poden facer e nos beneficios que se poden traer e deixar á marxe posturas demagóxicas que non son entendidas nin comprendidas polos cidadáns.
O PSOE segue coas mans tendidas a eses espazos comúns de cambio