Vistas de página en total

sábado, 12 de enero de 2019

O PSOE do Son pide á Xunta un "reparto xusto" de fondos para os concellos

O Grupo Municipal Socialista de Porto do Son rexistrou o pasado mes de decembro unha moción co obxecto de demandar do Goberno Galego un reparto xusto dos fondos dirixidos ás entidades locais, como xa se fai dende a Deputación Provincial da Coruña gobernada polos socialistas.

Os socialistas defendemos que se utilicen criterios obxectivos para a asignación de fondos públicos aos concellos. É fundamental que a Xunta de Galicia, dirixida polo Partido Popular, poña fin á discrecionalidade e ao reparto partidista.

Durante os últimos 2 anos, a Xunta repartiu "a dedo" e con criterios pouco obxectivos mais de 22.5 millóns de euros, polo que urxe cambiar estas políticas para que os concellos non teñan que mendigar as achegas que lles corresponden.

O que propoñemos é que os fondos destinados aos concellos se repartan de xeito obxectivo igual que xa se fai co Plan Único da Deputación Provincial da Coruña, dende que a preside o socialista Valentin Gonzalez Formoso, en base a criterios como a poboación, superficie, número de parroquias ou o esforzo fiscal de cada concello.

Esto, permitiría a concellos coma Porto do Son unha mellor planificación e ter máis autonomía local para decidir en qué actuacións invertir os fondos asignados.

A proposta está incluida na orde do día da sesión ordinaria convocada para o vindeiro xoves dia 10, e dende o Grupo Municipal Socialista confiamos en poder contar co apoio do resto de partidos da corporación municipal de Porto do Son, para así poder acadar da Xunta de Galicia a financiación necesaria para materializar todas as demandas e necesidades dos veciños que ainda están pendentes despois de case 4 anos de lexislatura.