Vistas de página en total

sábado, 16 de julio de 2011

PLENOS POLAS TARDES. ¡XA!

Dende o PSdeG (PSOE) de Porto do Son exisimos a celebración dos Plenos Ordinarios en horario de tarde como viña sendo habitual ata agora para atender a demanda dos veciñ@s que queiran asistir a eles.  Os veciñ@s de Porto do Son teñen dereito, de ser testemuñas directas do que se expón, o que se debate, o que se aproba, como se vota e quen o vota; todas as cuestións que se levan o Pleno atañen directamente a vida do noso Concello e polo tanto dos seus veciñ@s. Non só os concelleiros do PSdeG (PSOE) mostraron a súa exigencia, senón tamén, no turno de rogos e preguntas do último Pleno celebrado o día 15 de Xullo, unhas veciñas fixeron eco do seu malestar pedíndolle que cambiara o horario imposto para a celebración dos Plenos, sendo a resposta do Sr.Luis Oujo: "Se pasades polo Concello teredes cumprida información". Non é así Sr.Oujo!!!. Vostede ten a obriga de abrir o Concello os veciñ@s e facilitarlle a asistencia os Plenos, coma viña sendo habitual e o exemplo mais claro está na concurrencia que había neles ,non así coma agora, que polo horario matutino imposto polo seu bipartito  excluye a moitos veciñ@s a exercer un dereito que teñen.       
 PLENOS POLA TARDE¡¡¡    XA¡¡¡                                

domingo, 3 de julio de 2011

¿COMPROMISO CON QUEN SR.OUJO?

Tod@s os veciñ@s de Porto do Son poden ainda o día de hoxe visitar a páxina web do PP de Porto do Son, onde podrán atopar as seguintes verbas que literalmente relato:

"...O noso novo Alcalde comprometéuse a contar con tódolos partidos da oposición e con tódolos colectivos do municipio para traballar de forma conxunta polo progreso e desenrolo do municipio".

Isto é o que dicía o que hoxe é Alcalde Sr.Luis Oujo. Pasou fai escasamente un mes e o primeiro que trae debaixo da manga ao Pleno Extraordinario do pasado día 1 de Xullo é que os Plenos vanse  celebrar o último xoves dos meses impares ás 12:P.M, cando ata agora celebrábase un ó venres último de cada mes, sendo maioritaria a asistencia a eles por parte dos veciños que ateigaban o Salón de Plenos.
Dende o PS de G (PSOE) de Porto do Son, facémonos unhas cantas preguntas:
Onde vai o seu compromiso?...Porqué empeza unha lexislatura, despreciando e ninguneando os veciñ@s que teñen todo o dereito a asistir os plenos?...Acaso ten medo a que sexan testemuñas oculares do que ten pensado facer e que en nada coincide cas promesas feitas na campaña electoral?...
Súa é a obriga de facilitar a asistencia ós plenos de tod@s os veciñ@s, o contrario é trasgredir as principais normas democráticas dun Concello coma o noso.
Mal comenzo dunha lexislatura da que proclamaba coa boca chea TRANSPARENCIA, COMPROMISO E DIALOGO.
Dialogo con quén Sr.Oujo?....Cos veciños?......