Vistas de página en total

viernes, 31 de enero de 2014

[Video] Pleno venres 24/01/2014 (aprobación PXOM)

Vídeo da sesión plenaria celebrada o pasado venres 24 de xaneiro na que se debatía a aprobación do PXOM de Porto do Son. Inclúe a intervención do portavoz do noso grupo municipal para pedir explicacións ante as irregularidades detectadas e as explicación do noso voto en contra

http://www.tv27barbanza.com/PortoDoSon/Enero/27enePlenoSon.html

lunes, 27 de enero de 2014

Presuntas irregularidades no PXOM de Porto do Son

O pasado venres 24 de xaneiro, o goberno bipartito de Porto do Son (PP-AVS) aprobaron coa súa maioría o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Os socialistas votamos en contra, debido a presuntas irregularidades detectadas.

Entre estas presuntas irregularidades están que:

  • Non se entrega á oposición o informe coa Fe de Erros que viña modificar o Informe de Participación entregado coa documentación para o pleno. É dicir, aprobouse o PXOM, sen saber cales eran as modificacións que se fixeron de un día para outro, cambiando as contestacións dalgunhas das alegacións feitas polos veciños.

  • Aparecen neste PXOM dúas ACTUACIÓNS INTEGRAIS que non estaban na aprobación inicial (2012). Estas actuacións integrais están situadas fóra dos núcleos de Porto do Son e de Portosín. Unha sitúase en Loreto-Campo de Prado (AGUIEIRA), e nela vanse poder construír 53 vivendas de 150 m. A outra, sitúase na ARNELA (Baroña), e o propio alcalde do PP, Luís Oujo Pouso recoñeceu no pleno que seu sogro ten terreos nesta actuación integral, onde se van poder construír 35 vivendas de 150 m. Con estas dúas actuacións están reducindo edificabilidade ao núcleo de Porto do Son. A xustificación do PP para facer estas actuacións está en que queren regular viais e darlle accesibilidade ás parcelas, ademias de facer 26 prazas de aparcamento na Arnela e 40 na Aguiera. 40+26= 66 prazas de aparcamento, cando se van construír 88 vivendas, se son de 150 m., ou máis, se son de menos.


Pedíuselle que retirase estas dúas actuacións integrais polas presuntas irregulariades e dixo que non, que o levásemos aos tribunais. Iso é o que vai facer o PSdeG-PSOE de Porto do Son, porque pensamos que o alcalde pode estar presuntamente prevaricando. Iso xa o dirán os tribunais de xustiza no seu día.

Aparte destas presuntas irregularidades, o noso voto foi en contra tamén porque non está xustificado que en Portosín, entre os Ámbitos de Planeamento Remitido (APR) e os Solos Urbanizables (SU) vanse poder construír 738 pisos de 100 m2, mentres que en Porto do Son, 708 de 100 m2. ¿É comparable unha poboación de 1.200 habitantes (Portosín) cunha de 2.500, como é o Son? Aquí vese claramente o crecemento dos APR e SU de Portosín, en detrimento dos de Porto do Son.