Vistas de página en total

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Os usuarios do centro de día de Porto do Son esixen que o goberno local aporte solucións


Os usuarios do centro de día de Porto do Son esixen reunirse co goberno local

21 de noviembre de 2012

Mentres segue adiante a conta atrás para que o centro de día de Porto do Son peche as súas portas, os usuarios comezan a mobilizarse na busca dunha solución que evite que se vexan privados dun servizo fundamental para moitas familias que teñen aos maiores no centro. Trala reunión que mantiveron na tarde do luns, os afectados teñen previsto manter un encontro co rexedor sonense. É máis, os usuarios reclaman unha nova reunión co equipo de goberno despois de que na primeira que tiveron «non se desen solucións».
O acordo que se adoptou na xuntanza que mantiveron os usuarios o luns foi solicitar unha entrevista co alcalde esta mesma semana, dado que o peche das instalacións é inminente e aos afectados úrxelles que lles dean unha alternativa canto antes: «Fálase de que se están buscando solucións pero da reunión que tivemos co alcalde o outro día non saíu ningunha conclusión», explicou a familiar dun dos usuarios.
Pola súa banda, por parte da empresa concesionaria do servizo aclararon que a súa intención é que, pese a notificar a resolución do contrato, pretenden continuar co centro aberto ata finais deste mes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario