Vistas de página en total

miércoles, 7 de mayo de 2014

O Concello permite unha obra sen licenza no cemiterio de Ribasieira

Sendo informados por veciños da parroquia de Ribasieira (Porto do Son), DENUNCIAMOS que, unha vez máis, o Concello de Porto do Son permite unha obra sen licenza.

Nesta ocasión, dentro do marco da Capela de San Pedro Finx de Ribasieira (s. XVIII). Unha obra que non conta con ningún tipo de permiso (nin de Patrimonio nin do concello), aínda que o alcalde, Luís Oujo Pouso (PP) é perfectamete consciente de que se está realizando esta obra porque foi informado polos veciños e polo mesmo párroco de Ribasieira. Non sabemos se o arzobispado autorizou a obra, pero o que si é certo, é que non solicitaron ao Concello a pertinente licenza de obra.



Mañá mesmo, se non se paraliza ata que teña os permisos permitentes, colocarán 5 nichos prefrabricados. Fai uns anos, o cemiterio de Santa Mariña de Xuño, e nestes momentos, o de San Pedro de Baroña, tiveron a súa ampliación, para a cal tiveron que solicitar todos os permisos necesarios (arzobispado, patrimonio, etc.) e tramitar a licenza de obra ao Concello de Porto do Son. Nesta ocasión, non é así, e entendemos que hai distinta vara de medir, segundo sexan os intereses do PP do Son.


No hay comentarios:

Publicar un comentario