Vistas de página en total

martes, 15 de marzo de 2016

O PSOE do Son preocupase pola situación do parque eólico de Xuño

O Grupo Municipal Socialista de Porto do Son pedirá, no pleno ordinario do xoves 17 de marzo, explicacións sobre a relación actual do concello coa filial de Vidal Armadores dedicada ao sector eólico no termo municipal sonense.
O concello de Porto do Son, como administración local, otorgou no seu día a concesión do parque eólico sito no monte comunal da parroquia de Xuño, a Proyectos y desarrollos renovables SL. Dita empresa pertence ó grupo empresarial Vidal Armadores da que, a pasada semana quedaban 6 membros baixo fianza acusados de delitos contra o medio ambente, blanqueo de capitais, e falsedade documental entre outros.
"A nosa preocupación é si o equipo de goberno de Luis Oujo segue mantendo a día de hoxe relación con dito grupo empresarial" sinala a portavoz municipal xa que "nos consta que o parque eólico do monte comunal de Xuño está embargado por unha entidade bancaria e o alcalde non deu a día de hoxe explicacións ós veciños". O grupo municipal socialista amósase preocupado e, en reiteradas ocasións en plenos anteriores demandoulle ó executivo sonense máis transparencia referido a este asunto. "O alcalde non ven de aclarar si o concello percibeu algunha cantidade pola productividade deste parque eólico nin tampouco qué xestións xudiciais en caso de non percibir cantidade algunha vai a levar a cabo".
Dende o PSOE do Son, consideran que este asunto ten a suficiente importancia e relevancia como para dar explicacións detalladas en primeira instancia ós veciños comuneiros de Xuño e ós do concello do Son en xeral.



No hay comentarios:

Publicar un comentario