Vistas de página en total

sábado, 16 de septiembre de 2017

O Grupo Municipal Socialista volve denunciar a censura que se está levando a cabo dende a alcaldia ao non incluir na orde do dia as mocions da oposicion

“Mes tras mes levamos constatando que, no que vai de ano, o alcalde rexeita incluir na orde do dia as mocions e propostas rexistradas en tempo e forma polo PsdeG de Porto do Son” declaran.

Os concelleiros socialistas requeriron no pleno do pasado xoves explicacions antes de acudir ao valedor do pobo pola continuo entorpecemento do alcalde á labor dos concelleiros.

As mocións que tiñan presentado os socialistas para debatir e tentar aprobar neste pleno eran un plan con propostas para dar viabilidade á piscina municipal, un plan municipal de educación que, dende que tomaron posesión como concelleiros veñen rexistrando con cada inicio de curso escolar sen que por parte do executivo nin por parte da concellería correspondente o atendan e tamén tiñan rexistrado unha mocion para solicitar mais medios materiais e formación para a loita contra a praga da vespa velutina.

Josefa Hermo e Luis García presentaron esta última moción pola indeferencia do equipo de goberno ante o feito de que o servicio de protección civil está desbordado coa cantidade de niños que notifican os veciños, polo que os socialistas propoñian mais medios materiais e formación para remediar a situación de colapso.

“É unha obstrucción en toda regra á labor política que, como concelleiros temos dereito a levar a cabo e o PP do Son está censurando con cada iniciativa que propoñemos. Pois ben, nos non cesaremos nesa tarefa porque todas as iniciativas rexistradas son de ámbito municipal e afectan ós veciños de Porto do Son” declaran

No hay comentarios:

Publicar un comentario