Todos/as somos conscientes, de que os dous anos e medio de Lexislatura Política no Concello de Porto do Son, sendo alcalde D.Manuel Tomé, foi por desgracia para os veciños/as desta Vila, un retroceso, non so dende o punto de vista político, senón tanto de xestión e inversions. Que viamos como os cartos se exfumaban para outros Concellos, ou quedaban no olvido. De feito eralle moi fácil facer algo bo, so con facer realidade os proxectos xa tramitados e conseguidos polo anterior alcalde, huberase posto unhas "medallas" que ainda que non lle corresponderían, si beneficiarían o pobo. Pero para mais "inri", non só non rematou o que xa lle daban feito, senon que inversións (algunhas moi importantes, como a fachada maritima), provocou que fuxiran pra outras Vilas, e nos vendo como a incapacidade de gestionar do Sr.Tomé, repercutía e moi gravemente no pobo. A sua ineptitude para gestionar o Concello, veíase reflexada, nos plenos do Concello, os cales eran totalmente subrealistas, deixando patente dende o primeiro momento, o seu talante pouco ou nada dialogante, a sabendas de que estaba gobernando en minoría.
Cando a situación do Concello pasou a mans do PSdeG (P.S.O.E) e o B.N.G, tras unha moción de censura democrática (ainda que algunhas persoas se empeñaran en tacharla de antidemocrática), as formas, o talante e o saber estar do actual Alcalde D. Xoan Pastor Rodriguez, xa se empezaron a percibir no Concello desde o primeiro día abrindo as portas da Alcaldía os veciños, as mesmas que habían permanecido pechadas, durante dous anos e medio de goberno do PP.
Non aceptaron nunca a perda do Goberno Municipal, e a sua extratexia (por certo moi ben planificada) foi dende o principio a de inestabilizar o novo Equipo de Goberno, e a os seus edís. Os plenos comenzaron a ser unha retraida de faltas de respeto, de non cumplimento do turno da palabra e a de mentir, calumniar, ofender, seguindo os paradigmas, da sua forza política, minte que algo queda., e importandolle un bledo os intereses do pobo.
O Sr.Tomé non soupo ou non quiso nunca reconocer, que había perdido a Alcaldía e as suas malas formas sendo Alcalde, foron acrecentandose según iba pasando o tempo, incluso facendose mais grosero e maleducado do que era anteriormente (e moi raro que non teña que ser expulsado do Salón de Plenos) debido a o seu chavacano comportamento, pese as reiteradas advertencias do Sr.Xoan Pastor, que con admirable paciencia, dalle a oportunidade de que reflexione e modifique o seu comportamento, impropio dun Salón de Plenos (e mais habendo sendo Alcalde) lugar de reseña de representación dos legítimos representantes políticos, dos veciños que lle votaron.
¡Ala eles!. O PP tomou unha estratexia, que penso non e a mais axeitada, pero si eles pensan que lle dará reditos políticos, pois que sigan, pero o PSdeG (P.S.O.E), seguirá ca sua: a de preocuparse de gobernar, de estar o lado dos veciños (cos seus logros e os seus erros) e de seguir gestionando e traballando polo benestar no noso pobo.
O PP que faga o que lle de a gana, mascar chicle, faltarlle o respeto os veciños, increpar nos plenos, non creer nas normas democráticas dun concello, e o mais importante, que vaya o Sr.Tomé a unhas clases intensivas, de algo fundamental: EDUCACION.
No hay comentarios:
Publicar un comentario