Vistas de página en total

jueves, 26 de agosto de 2010

AUXILIARES A DOMICILIO: ¡COMPROMISO E TENACIDADE...!

Comenzar a andaina dun medio de expresión coma este, sempre nos atopamos, ca incognita do que en él vai a acontecer. Sabido é que as noticias que genera un Concello, son sempre proclives a que xeneren nuns veciños/as, satisfación, en outros decepción e probablemente nalguns  indiferencia, todas respetables por suposto. Non  obstante  noticias coma a que se aprobou no Pleno Extraordinario do pasado 11 de Agosto, sempre son unha boa noticia pra todos/as: a  modificación do tipo de contrato do servicio no fogar.
 As Auxiliares a Domicilio, que ata agora tiñan unha xornada laboral a tempo parcial, pasen a tela a tempo completo, así como tamén se determinou, que se compute como xornada laboral o tempo empregado polas profesionais os desplazamentos os distintos domicilios, nos que desenrolan a sua actividade, determinandose tamén, incrementar a compensación po los gastos que as traballadoras realicen nos seus vehiculos particulares.
Noticias coma esta corrixen inxusticias, que se viñan reclamando por distintos sectores da sociedade, e mais en particular pola Concelleira Socialista de Servicios Sociais e Emprego, Joaquina Gonzalez (Kika), que ca sua tenacidade demostrou a sua sensibilidade cos mais desfavorecidos, seguindo a linea marcada polo Grupo Socialista, de ter sempre como prioridade na sua laboura, a politica social de millorar a calidade de vida de todos/as os veciños/as. A nosa mais sincera enhoraboa a  Concelleira Joaquina Gonzalez (Kika), e que siga nesa linea,¡Grazas en nome de todos/as os/as veciños/as, sexan ou non beneficiarios deste servicio!

No hay comentarios:

Publicar un comentario