Vistas de página en total

viernes, 26 de noviembre de 2010

O XUIZ INVESTIGA UNHA POSIBLE FRAUDE DO EX ALCALDE DO PP DE PORTO DO SON

Xornal: "O Xornal de Galicia"
26/10/2010

O goberno bipartito do Concello do Porto do Son emitiu onte un comunicado onde dá conta das dilixencias previas abertas polo Xulgado de Instrución número 2 de Noia nas que se investiga a posible fraude cometida polo anterior goberno do PP non concello, sendo alcalde Manuel Tomé.
O actual rexedor da localidade, o socialista Xoán Pastor, foi citado a declarar como testeumuña logo de que a Fiscalía comezase unha investigación a raíz dunha subvencións para unhas viaxes a un balneario en 2009 que foron xustificadas, malia que as excursións nunca se realizaron.
Foi un informe da psicóloga de Servizos Sociais do Concello de Porto do Son a que revelou que durante a etapa do PP na corporación local as empresas Autos Dosil e Caldaria Termal “obtiveron ingresos reflectidos nas facturas en concepto de prestación de servizos non realizados” o que supoñía “un quebranto para a Facenda local e susceptibles de infracción administrativa, contable ou penal”.
Logo de que se dera conta á Fiscalía dos feitos, o xuíz considera agora que hai indicios delictivos e chama a declarar como imputados a varios dos relacionados con aquelas subvencións, incluído o anterior rexedor da localidade. O actual alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor –que chegou ao cargo hai un ano– aclara que o goberno local “non tiña realizado actuación ningunha sobre as persoas imputadas”. “Quero deixar claro que isto non é persecución política ningunha e que só cumprimos coa lei”, dixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario