"...O noso novo Alcalde comprometéuse a contar con tódolos partidos da oposición e con tódolos colectivos do municipio para traballar de forma conxunta polo progreso e desenrolo do municipio".
Isto é o que dicía o que hoxe é Alcalde Sr.Luis Oujo. Pasou fai escasamente un mes e o primeiro que trae debaixo da manga ao Pleno Extraordinario do pasado día 1 de Xullo é que os Plenos vanse celebrar o último xoves dos meses impares ás 12:P.M, cando ata agora celebrábase un ó venres último de cada mes, sendo maioritaria a asistencia a eles por parte dos veciños que ateigaban o Salón de Plenos.
Dende o PS de G (PSOE) de Porto do Son, facémonos unhas cantas preguntas:
Onde vai o seu compromiso?...Porqué empeza unha lexislatura, despreciando e ninguneando os veciñ@s que teñen todo o dereito a asistir os plenos?...Acaso ten medo a que sexan testemuñas oculares do que ten pensado facer e que en nada coincide cas promesas feitas na campaña electoral?...
Súa é a obriga de facilitar a asistencia ós plenos de tod@s os veciñ@s, o contrario é trasgredir as principais normas democráticas dun Concello coma o noso.
Mal comenzo dunha lexislatura da que proclamaba coa boca chea TRANSPARENCIA, COMPROMISO E DIALOGO.
Dialogo con quén Sr.Oujo?....Cos veciños?......
No hay comentarios:
Publicar un comentario