Dende o PSdeG (PSOE) de Porto do Son exisimos a celebración dos Plenos Ordinarios en horario de tarde como viña sendo habitual ata agora para atender a demanda dos veciñ@s que queiran asistir a eles. Os veciñ@s de Porto do Son teñen dereito, de ser testemuñas directas do que se expón, o que se debate, o que se aproba, como se vota e quen o vota; todas as cuestións que se levan o Pleno atañen directamente a vida do noso Concello e polo tanto dos seus veciñ@s. Non só os concelleiros do PSdeG (PSOE) mostraron a súa exigencia, senón tamén, no turno de rogos e preguntas do último Pleno celebrado o día 15 de Xullo, unhas veciñas fixeron eco do seu malestar pedíndolle que cambiara o horario imposto para a celebración dos Plenos, sendo a resposta do Sr.Luis Oujo: "Se pasades polo Concello teredes cumprida información". Non é así Sr.Oujo!!!. Vostede ten a obriga de abrir o Concello os veciñ@s e facilitarlle a asistencia os Plenos, coma viña sendo habitual e o exemplo mais claro está na concurrencia que había neles ,non así coma agora, que polo horario matutino imposto polo seu bipartito excluye a moitos veciñ@s a exercer un dereito que teñen.
PLENOS POLA TARDE¡¡¡ XA¡¡¡
Por suposto que suscribo a petición do PSOE. Queremos que os plenos se celebren como hasta ahora as nove da noite dos últimos Venres do més. Eu quero unha camiseta.
ResponderEliminar