Vistas de página en total

miércoles, 29 de julio de 2015

Josefa Hermo e Luis García demandan que se priorice a presencia de socorristas naquelas praias con maior perigo para os bañistas e surfistas.

O Grupo Municipal Socialista de Porto do Son segue a denunciar a escasez de socorristas naqueles areais que teñen maior perigosidade como son as praias con mar aberto e fortes correntes.
“Non é suficiente con unha bandeira izada nin un flotador salvavidas, é indispensable contar coa presencia de persoal humano cualificado que advirta aos bañistas nas praias mais conflictivas”, afirma Josefa Hermo, que incide na necesidade de reforzar o servicio de socorrismo nas praias de Río Sieira, As Furnas e Espiñeirido, areais con maior perigosidade e fortes correntes mariñas cando xa se cobraron a vida dunha persoa e tiveron que ser rescatadas outras cinco.
Luis García pide asi mesmo explicacións de por qué non se cubriron tódalas prazas de socorrista polas que se obtivo subvención.
A portavoz socialista e o seu compañeiro de filas denuncian tamén. perda por parte do goberno actual de tódalas bandeiras azuis que lle foron concedidas ó concello de Porto do Son. “Ter unha bandeira azul implica que se cumpla e manteña unha calidade mínima nos servizos básicos de limpeza e acceso ás praias, así como servicios sanitarios e auga nas duchas, cousa que na actualidade non acontece”.
Neste sentido, os socialistas sonenses reclaman que o alcalde se poña mans á obra pois está fulminando toda a herdanza recibida dun goberno socialista.


No hay comentarios:

Publicar un comentario