Vistas de página en total

martes, 4 de agosto de 2015

O PSOE de Porto do Son pide ao alcalde transparencia na xestión do PXOM

Porto do Son, 3 de agosto de 2015.  A portavoz do PSdeG-PSOE en Porto do Son, Josefa Hermo, pediu hoxe ao alcalde, Luis Oujo, que favoreza a “transparencia” no proceso de elaboración do PXOM da localidade.

Hermo expresou a “disposición ao diálogo” dos socialistas para sacar adiante un planeamento urbanístico “limpo, transparente e consensuado” cos veciños e coas forzas políticas da corporación sonense, que permita “enfrontar con garantías as futuras necesidades do municipio”.

Neste sentido, os concelleiros socialistas mostráronse dispostos a “reunirse as veces que faga falta” co executivo local para impulsar o proxecto, sempre e cando podan consultar detalladamente os documentos, se favoreza tamén a súa exposición ao público, e se estuden obxectivamente as alegacións das veciñanza.

“Levamos moitos anos á espera da aprobación definitiva dun novo PXOM e entendemos que o novo planeamento non debe facerse de costas á veciñanza ou usando o rodillo da maioría absoluta do PP no pleno, senón contando coa participación de todos, pois trátase dun proxecto importante e con vocación de continuidade no tempo”, afirmou a líder dos socialistas.


Consensuar investimentos prioritarios

Josefa Hermo ofreceu tamén ao alcalde a disposición dos socialistas a intentar consensuar con todos os membros da corporación unha planificación estratéxica a catro anos coas actuacións e investimentos prioritarios para o Concello neste mandato e tratar de buscar o financiamento necesario para os mesmos.



"Entendemos que o novo planeamento urbanístico non debe facerse de costas á veciñanza ou impoñendo a maioría do PP nos plenos, senon contando con todos, pois trátase dun proxecto moi importante para o noso concello que debe ter vocación de continuidade no tempo"

No hay comentarios:

Publicar un comentario