Vistas de página en total

viernes, 4 de septiembre de 2015

O PSOE de Porto do Son levará ao pleno do luns unha proposta de "Plan Municipal de Educación"

Josefa Hermo e Luis García presentarán unha ampla batería de propostas no ámbito educativo co obxectivo de “facilitar a conciliación das familias sonenses, apoiar ás que teñen menos recursos económicos e mellorar a calidade do ensino”
Porto do Son, 4 de setembro de 2015. O Grupo Socialista no Concello de Porto do Son levará ao pleno ordinario do vindeiro luns unha moción para instar a Goberno local a implementar un Plan Municipal de Educación, co obxectivo de “facilitar a conciliación das familias, apoiar ás que teñen menos recursos económicos e mellorar a calidade do ensino”, segundo explicou a portavoz do PSdeG na localidade, Josefa Hermo.
En concreto, a proposta socialista pretende mellorar a conciliación da vida laboral dos pais e nais coa axenda académica nos alumnos/as, introducindo nos colexios monitores para programas de coidado e actividades para os nenos nas horas previas e posteriores ao horario lectivo dos colexios. Durante a mañá (“Bós días cole”) permitiría deixar aos nenos a partir das 8.00 horas, ao mediodía permitiría extender o horario de comedor ata as 16.00 horas, e pola tarde (“Boas tardes cole”) extenderíase ata as 18.00 horas, o que axudaría ás familias sonenses a compaxinar os seus horarios laborais cos dos centros escolares. Os socialistas propoñen a elaboración, por parte do Concello, dun estudo en colaboración coas Anpas para ver cales son os horarios que requerirían unha maior demanda.
Ademáis, o Plan Municipal de Educación que propón o PSdeG sonense incluiría unha subvención das actividades extraescolares para as familias monoparentais ou con rendas baixas, que incluiría a gratuidade total das mesmas para os fogares con ingresos inferiores a 14.000 euros anuais e unha subvención do 50% para as que non superen os 15.500 euros.
Outras das actividades previstas nesta proposta son a implantación de clases de reforzo para os nenos con dificultades específicas na aprendizaxe, “co obxectivo de que acaden o máximo rendemento escolar”, a organización, mas distintas parroquias do municipio, de talleres para que as familias aprendan a elaborar na casa menús equilibrados a prezos asequibles e a organización dun programa de actividade de fomento da lectura e estimulación temperá para os máis pequenos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario