Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta #PXOM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #PXOM. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de febrero de 2016

Os socialistas de Porto do Son pregan que os veciños do concello asistan ao pleno do vindeiro xoves 25 de febreiro donde se debatirá o PXOM.

Así o fixo constar mediante nota de prensa a súa portavoz municipal Josefa Hermo e o concelleiro Luís García. “Cantos máis veciños asistan, máis se enteraran do oscurantismo co que se tratou este asunto de tanta relevancia para o noso concello” declara Josefa.
Para iso, o luns solicitamos por escrito e a través do rexistro municipal, unha petición para que o pleno extraordinario do vindeiro xoves día 25, no que se procederá á aprobación final do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Porto do Son, se celebre no salón de actos da Casa de Cultura sonense dado que o aforo do Centro de Interpretación do Castro Baroña, donde se celebran os plenos habitualmente, non vai ser suficiente para acoller a todos os asistentes dada a alta expectación que suscita na poboación sonense a aprobación dun documento coma este.
O oscurantismo co que se levou a redaccion do documento é tal que non se lle quixo dar á oposicion informacion detallada dos avances pese a que xa en agosto de 2015 o PSdeG sonense, solicitou por rexistro unha reunion, para analizar de forma conxunta as directrices políticas que se estaban seguindo para configurar o urbanismo futuro do noso territorio e “da que ainda non tivemos resposta nin convocatoria”.
Ademais, pese a pedir reiteradamente o documento final, non se nos facilitou copia do mesmo ata o pasado venres alegando erratas que habia que corrixir. Esto deixanos á oposición con un tempo insuficiente de apenas 4 ou 5 dias para revisar, analizar e aclarar as irregularidades do documento final.

martes, 4 de agosto de 2015

O PSOE de Porto do Son pide ao alcalde transparencia na xestión do PXOM

Porto do Son, 3 de agosto de 2015.  A portavoz do PSdeG-PSOE en Porto do Son, Josefa Hermo, pediu hoxe ao alcalde, Luis Oujo, que favoreza a “transparencia” no proceso de elaboración do PXOM da localidade.

Hermo expresou a “disposición ao diálogo” dos socialistas para sacar adiante un planeamento urbanístico “limpo, transparente e consensuado” cos veciños e coas forzas políticas da corporación sonense, que permita “enfrontar con garantías as futuras necesidades do municipio”.

Neste sentido, os concelleiros socialistas mostráronse dispostos a “reunirse as veces que faga falta” co executivo local para impulsar o proxecto, sempre e cando podan consultar detalladamente os documentos, se favoreza tamén a súa exposición ao público, e se estuden obxectivamente as alegacións das veciñanza.

“Levamos moitos anos á espera da aprobación definitiva dun novo PXOM e entendemos que o novo planeamento non debe facerse de costas á veciñanza ou usando o rodillo da maioría absoluta do PP no pleno, senón contando coa participación de todos, pois trátase dun proxecto importante e con vocación de continuidade no tempo”, afirmou a líder dos socialistas.


Consensuar investimentos prioritarios

Josefa Hermo ofreceu tamén ao alcalde a disposición dos socialistas a intentar consensuar con todos os membros da corporación unha planificación estratéxica a catro anos coas actuacións e investimentos prioritarios para o Concello neste mandato e tratar de buscar o financiamento necesario para os mesmos.



"Entendemos que o novo planeamento urbanístico non debe facerse de costas á veciñanza ou impoñendo a maioría do PP nos plenos, senon contando con todos, pois trátase dun proxecto moi importante para o noso concello que debe ter vocación de continuidade no tempo"